Arcay presenta en Biblos o seu libro sobre o Pasatempo e a masonería

Arcay Barral no momento de recoller o galardón polo libro

A libraría Biblos (R/ Santiago 2) acolle mañá a presentación do traballo de investigación que Ángel Arcay Barral desenvolveu sobre o Pasatempo e que mereceu un premio das organizacións masónicas do estado.

“El parque del Pasatiempo de Betanzos. Narrativas para comprender el patrimonio profano” é o título da obra, que se presenta este xoves. O libro obtivo o primeiro premio Masonería Aberta. O autor é licenciado en Historia coa especialización de Patrimonio Documental e Bibliográfico e un dos promotores da asociación de amigos do Pasatempo.