Anuladas todas as actividades previstas para esta fin de semana

Despois das medidas adoptadas onte para previr o contaxio da pandemia do Covid-19, suspendéronse todas as actividades programadas para esta fin de semana. Onte anuláronse as actividades promovidas pola asociación Lar de Unta e polo Colectivo feminista das Mariñas, así como das presentacións do Anuario Brigantino.

Supendeuse tamén o Encontro da Rede de Sementes, previsto no matadeiro para o fin de semana. O Café Lanzós anulou os concertos que tiña previstos.

En xeral todas as entidades da comarca anunciaron onte a suspensión das súas actividades como medida de prevención para evitar os contaxios do coronavirus.