Actividades de cultura contemporánea chegarán a Betanzos dentro dunha programación do Camiño Inglés

O deputado de plans provinciais e turismo, Xosé Regueira (BNG)

Ordes acolleu as primeiras actuacións do ciclo “Do Camiño Vivido´19”, organizado pola Deputación da Coruña. O circuíto comezou coa intervención artística e perfomance colaborativa “Heiche de tocar as cunchas”, de María Marticorena, e a compañía de danza contemporánea Pisando Ovos, composta por Ruth Baldís e o DJ Jas Processor, propón a peza “Give it a spin” onde se mestura a música co baile.

As actuacións usan como vehículo de expresión a cultura contemporánea e, pretenden difundir e dar a coñecer os atractivos patrimoniais do Camiño Inglés, explicou a coordinadora da actividade, Paula Cabaleiro, que detallou que este circuíto cultural chegará tamén aos municipios de Oroso, Narón, Culleredo e Betanzos.

Este proxecto de creación artística arredor do Camiño utiliza o espazo público para levar a cabo as súas representacións artísticas, nas que ademais o público terá un papel activo dentro do marco destas actividades.