A Deputación trae a Néboa á alua de cultura dentro do premio Fran Pérez “Narf”

Narf actuando en Betanzos na presentación dun número da revista A Xanela. Foto do blog Econenos

O certame Fran Pérez NARF, que organiza a área de Cultura da Deputación, recala esta fin de semana en Betanzos. A aula de cultura collerá, o vindeiro sábado desde as oito e media do serán, a actuación do grupo Néboa. A entrada é libre ata completar aforo.

Coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”, a Deputación da Coruña convoca o Concurso Musical Deputación da Coruña, que pasa a denominarse a partir do ano 2017 Concurso Fran Pérez “Narf”, para Grupos e Artistas Musicais.

Néboa foi o segundo clasificado do premio Fran Pérez “Narf” en 2018, que gañou Su Garrido Pombo.