A Deputación e a Real Academia de Belas Artes promoven o ciclo “Martes das Artes”

Xosé Regueira (esquerda, do BNG) e Valentín Formoso, do PSOE, vicepresidente e presidente da Deputación respectivamente

A Deputación da Coruña e a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario seguirán promovendo durante este ano o ciclo cultural “Martes das Artes”.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Cultura, Xurxo Couto, e o presidente da Real Academia, Manuel Quintana Martelo, asinaron hoxe o convenio polo que a institución provincial colaborará no financiamento da actividade cunha achega económica de 10.000 euros.

Concertos, conferencias, proxeccións de cine ou presentación de libros son algunhas das actividades que cada martes acolle a sede da Real Academia na Coruña ou outras ubicacións da provincia, cedidas para actividades do ciclo.

Todas as actividades son gratuítas e teñen como obxectivo contribuíra a difundir a cultura e o patrimonio galego.

No apartado musical, a Real Academia Galega de Belas Artes ten un acordo co Conservatorio de Música da Coruña e o Orphelion Ensemble para ofrecer concertos de música clásica, abarcando dende o barro á música clásica contemporánea.