“A cabaza encantada” mestura lectura e cociña para crianzas este sábado na biblioteca

Exterior da biblioteca municipal Castelao

O sábado 26 de outubro, a partir das cinco da tarde, a Biblioteca Municipal A. Castelao acollerá unha actividade de teatro e cociña denominada “A cabaza encantada”. Este obradoiro que combina a animación á lectura coa dramatización da gastronomía, para crianzas, será impartido pola compañía Teatro Calabaza.

A actividade encrádrase dentro da campaña ‘Outono de lecer’ na Biblioteca organizada pola Xunta de Galicia. A entrada é de balde.