A Aula CeMIT ofrece tres actividades formativas por videoconferencia

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

A Aula CeMIT ofrece a posibilidade de preparar o exame CODIX, de competencias dixitais da Xunta, cun curso entre os días 1 e 31 de marzo, en horario de 10:00 h a 12:00 h. Debido á situación epidemiolóxica, será por videoconferencia.

Este formato é o escollido tamén para o curso de iniciación a LibreOfficce entre o 8 e o 11 de marzo en horario de 4 a 5 da tarde e no de LibreOfficce Writer Nivel medio.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT, no centro cultural San Domingos.