O BNG denuncia que Vilasantar paga por baixo do SMI aos operarios

Fernando Pérez Fernández Alcalde de Vilasantar

O Bloque Nacionalista Galego de Vilasantar denuncia que mestres o Partido Popular aprobou, como primeira medida do actual mandato subirlle o soldo ao alcalde un 25%, unha suba de 7.400 € máis do que xa cobraba e todo isto nun Concello de 1.200 habitantes, saca a convocatoria para contratar 3 prazas (1 peón condutor e 2 peóns de incendios) por 940 € ao mes, incluída parte proporcional de paga extra, unha cantidade por debaixo do salario mínimo interprofesional que é de 1050€/mes.

O BNG xa votou en contra no Pleno de organización da suba do Alcalde e agora presentará un escrito pedindo a modificación das bases de contratación desas 3 prazas porque entende que unha administración pública que contrate por debaixo do salario mínimo é claramente ilegal e desde logo un moi mal exemplo para calquera empresa.