Un veciño de Oza-Cesuras investigado por simular un cargo non autorizado na súa conta

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña investigou a un individuo como presunto autor dun delito de simulación de delito e outro de estafa. O agora investigado presentou unha denuncia diante da Garda Civil de Betanzos, onde manifestou que lle realizabran cargos non autorizados na súa conta bancaria, por un importe de 120 euros.

Os compoñentes do Equipo de Estafas Telemáticas investigaron os feitos e descubrindo que este individuo solicitara un crédito nunha plataforma web, por un importe de 120 euros, vinculándoo á tarxeta de crédito da cal é titular. O importe do mesmo foi abonado na conta do investigado, facendo a devolución do importe o mesmo día, con cargo á súa tarxeta de crédito, denunciando posteriormente o suposto cargo fraudulento.

O presunto autor e as actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Betanzos. A Garda Civil lembra que a simulación de delito pode ser castigado cunha multa de seis a doce meses.