Un recurso obriga a reiniciar o contrato de mantemento dos xardíns de Mariñán

O pazo de Mariñán visto desde os xardíns

A Deputación da Coruña viuse forzada a sacar a contratación novamente os servizos de mantemento e conservación dos xardíns históricos e os espazos naturais do pazo de Mariñán, en Bergondo.

O ente provincial viuse obrigado a suspender de forma cautelar a licitación que tiña en curso e a modificar un dos puntos do prego de cláusulas tras estimar o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia un recurso presentado pola Asociación de Empresas de Xestión de Infraestrutura Verde ( Aseja).

O Tribunal de Contratación admitiu o recurso da asociación en relación ao orzamento e valor estimado da licitación, que na nova licitación modificouse en canto aos salarios dos seis xardineiros que hai que subrogar, modificándose á baixa, según convenio, os salarios e pagas extras.

Trátase dun contrato de dous anos por 548.000 euros, con posibilidade de prórroga por outros dous, o que sumaría o millón de euros. Tamén se prevé unha eventual prórroga extraordinaria por un máximo de seis meses. Os traballos son o mantemento dos xardíns, eliminación de maleza, rega e sulfatado dos xardíns e espazos naturais do pazo, enclavado na ría betanceira.