Un estudo conclúe que os galegos viaxan máis de 3 veces ao ano cos seus cans

Turistas cun can nunha praia. Dog Vivant

En o 24% dos fogares do estado español convívese con polo menos un can. O número de cans censados aumenta cada ano, con máis de 5 millóns de cans repartidos en 4,5 millóns de fogares. No caso de Galicia, hai máis fogares no que se convive con máis dun can con respecto á media nacional: o 25% dos fogares galegos con can contan con dous destes, fronte ao 22% xeral.

Pero o verdadeiro boom dog-friendly non se debe unicamente ao número de mascotas existentes, senón a unha evolución do modelo de tenencia. Os cans convertéronse nun membro máis da familia e os galegos invisten de media 53’49€ mensuais no seu coidado.
Este cambio non só condiciona o día a día dos seus donos; tamén o seu período de vacacións. É o motivo polo que cada vez máis persoas deciden viaxar cos seus cans.

Así o asegura Dog Vivant, a certificación española que reúne a miles de locais nos que os cans son benvidos e a millóns de amantes destes animais. A empresa ten eleborado un estudo – Hábitos do turismo con can: a oportunidade dog-friendly para o sector do lecer e o turismo en España– do que se extraen 10 características dos viaxeiros dog-friendly de Galicia, como por exemplo que os galegos que viaxan co seu can fano para gozar da súa compañía. O 28% asegura que non contemplan gozar duns días de vacacións sen o animal e ao 62% gústalle pasar tempo con el, sempre que as condicións da viaxe o permitan.

Ademais, as persoas que conviven con cans en Galicia viaxan cunha frecuencia media de 3,7 veces ao ano, fronte ás 3,95 saídas ao ano que fan de media os viaxeiros con can de todo o estado español. A duración media das estancias con can é de 5 noites; 4,2 noites no caso dos viaxeiros galegos. Este dato está por encima da duración media das viaxes de turistas españois, que segundo o INE sitúase en 4’06 noites.

O estudo destaca, ademais, que o gasto medio por noite que asumen os viaxeiros galegos con can é de case 72 euros, lixeiramente por baixo da media nacional de turistas perrunos que gasta 72’6 euros; pero máis alto que o gasto medio do viaxeiro español de 58 euros por noite*.

Os destinos rurais son os preferidos para o 46% dos viaxeiros galegos con can. Estes datos varían con respecto á media nacional de viaxeiros perrunos, dos que o 55% elixe un destino rural como primeira opción. No caso dos destinos de praia ou costa, son a primeira opción para o 42% dos viaxeiros galegos con can. Estes datos tamén varían con respecto á media nacional, na que o 36% elixe como primeira opción a praia.

Os destinos urbanos son os menos elixidos polos viaxeiros perrunos. O 12% dos galegos sitúano como primeira opción, aínda que co aumento da oferta dog-friendly nas cidades existe unha tendencia de crecemento.

Ao 58% dos viaxeiros con can non lles supón ningún problema pagar un suplemento aos aloxamentos dog-friendly. Estes poden aplicar protocolos de limpeza máis exhaustivos. Segundo Dog Vivant, o 40% dos aloxamentos cobra un suplemento por noite e can igual ou inferior a 10 €.

Neste sentido, o que máis se valora é que o can poida durmir na mesma habitación, algo que considera imprescindible o 83% dos viaxeiros galegos con can. Tamén valoran que o establecemento se defina como dog-friendly, teña zonas verdes preto e ofreza información sobre a súa política de acceso a clientes con can.

Á hora de planificar a viaxe, a maioría dos viaxeiros con can utilizan como principal fonte internet (webs especializadas dog-friendly, webs de reservas xeneralistas…), onde prestan especial atención ás recomendacións e opinións positivas doutros viaxeiros. Un dato importante se temos en conta que, segundo o 35% dos aloxamentos turísticos, os hóspedes con can publican e recomendan os establecementos na internet por encima da media.

O estudo conclúe, ademais, que os cans e os seus donos son fieis, xa que o 27% dos aloxamentos turísticos cre que os viaxeiros con can repiten estancia por encima da media.

Dog Vivant extrae estas conclusións dun estudo que levou a cabo co obxectivo de coñecer en profundidade o mercado dog-friendly nacional e galego e as oportunidades que ofrece ao sector turístico de España, un país que conta con máis de 5 millóns de cans censados e no que evolucionou o modelo de tenencia destes animais ata considerarse un membro máis da familia.

Sobre Dog Vivant

Dog Vivant nace en 2015 coa misión de facilitar o lecer e turismo con cans. A plataforma ten a misión de facilitar información e conexións entre miles de viaxeiros con can responsables que queren buscar sitios dog-friendly con garantía.

Dog Vivant facilita ferramentas e recursos para axudar aos negocios e destinos que queren fomentar o seu lado dog-friendly de forma eficiente, seria e profesional.