Un centenar de persoas saen á rúa contra un despexo que promove o Popular en Sada

Concentración contra un desafiuzamento en Miño

Preto dun centenar de persoas percorreron onte as rúas do centro de Sada contra o desahucio dun matrimonio de sexaxenarios en paro e sen subsidio que tramita actualmente as axudas da Risga. Os manifestantes cargaron contra o Banco Popular, recentemente absorbido polo Santander por un euro. O banco alegou contra a suspensión temporal do lanzamento ditaminada polo Xulgado de Betanzos asegurando que este caso non cumpre os requisitos que establece a lei para reforzar a protección dos debedores hipotecarios nin os que establece o código de boas prácticas.

O colectivo Stop Desahucios acusa á entidade de actuar “de mala fe” ao negar a este matrimonio información sobre as medidas que prevé a lei para a suspensión dos lanzamentos sobre vivendas habituais de colectivos especialmente vulnerables. Entre as persoas que secundaron a mobilización e os colectivos que a respaldaban figuraban o BNG ou o alcalde de Sada, entre outros.