Tamén Bergondo suspende as actividades culturais, deportivas, educativas e de servizos sociais

Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo publicou onte tamén na súa web un comunicado oficial diante a situación excepcional que está a acontecer a nivel global debido á pandemia docoronavirus, COVID-19, e co fin de minimizar o seu avance. O comunicado, que estará vixente durante 15 días (ou ata novo aviso), a partir de hoxe venres, 13 de marzo:
– Suspéndense as actividades culturais, deportivas, educativas e de servizos sociais, así como as actividades organizadas polas asociacións nos espazos municipais.
– Péchanse os Centros socioculturais, biblioteca, pavillón de Guísamo e A Senra, así como os centros educativos do municipio (a partir do luns 16 de marzo en todos os niveis educativos).
– Segundo informan reponsables da Igrexa en Bergondo, suspéndense, tamén ata novo aviso, todas as celebracións relixiosas.
– Permanecerán abertas as oficinas administrativas, incluindo o rexistro presencial. Aínda que se recomenda o uso da Sede electrónica municipal.

Para máis información: Telf: 981 79 12 52, ext. 9 ou no mail correo@bergondo.gal