Seleccionadas 315 persoas da nosa comarca para o estudo epidemiolóxico do SERGAS

Centro de saúde de Betanzos

Hoxe comeza o estudo epidemiolóxico do SERGAS sobre a incidencia do COVID-19 en Galicia. Con este estudo o SERGAS creará un mapa epidemiolóxico a través de 2 mostras unha agora e outra dentro de aproximadamente un mes. O estudo recollerá os resultados de 102.000 persoas de todo o País.

Na nosa comarca realizarán o test 315 persoas. Ademais das mostras procedentes de Betanzos recolleranse en todos os concellos da comarca: En Irixoa 28 mostras, en Coirós 22, na Castellana 15 e en Muniferral 9 -ambos no concello de Aranga-, 54 en Bergondo e 32 en Guísamo -no concello de Bergondo-. en Vilarmaior recolleranse 15 probas e en Paderne outras 27, en Miño 102 e en Abegondo 138, 57 en Oza-Cesuras e 124 en Curtis entre as que se inclúen 38 de Sobrado.

Os centros de saúde irán citando telefonicamente ás persoas seleccionadas polo IGE para que pasen polas instalacións sanitarias para facer unha pequena punción para a extracción de sangue, que é o método que se usa nos test achegados polo Goberno do estado, que serán utilizados para este fin. O Sergas terá os resultados en apenas 20 minutos, pero darase unha marxe de 48 horas para informar os participantes.

Se o resultado é negativo non terán que facer nada máis. Pero se dá positivo recomendarán o illamento inmediato e a confirmación cun test PCR, máis fiable para o diagnóstico. Esta mostra hai que facela para planificar as medidas de normalización da nosa vida e para estar preparados diante posibles rebrotes segundo informou o goberno galego.