Santiso recunca por unanimidade á fronte de Mariñas-Betanzos

María Barral e Santiso Miramontes, nun acto da Reserva. Imaxe do Concello

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos celebrou estes días a súa asemblea xeral, na que voltou ser elixido como presidente o rexedor de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes.

Na xuntanza celebrada o pasado martes no edificio bergondés da Senra, acordouse ademais, manter a liña de traballo centrada no desenvolvemento sostible, asi como no cambio climático.