Saen tres salmóns máis e o Mandeo achégase ao límite de 5

Un salmón do Mandeo. Foto da Sociedade de Pescadores

Nunha semana do máis xeneroso, o Mandeo deu ata tres salmóns aos afeccionados á pesca deportiva. O río por antonomasia das Mariñas ten limitado a cinco o seu cupo máximo de capturas.

O cuarto salmón deu na pesa uns 4,5kg. Levantouno a cebo natural Juan Pena Jove no Pozo de Agustín onte mesmo. O terceiro caeu na mañá do sábado e marcou 6,9 kg. O segundo saíra a rapala na piscina de Chelo o día 4, con 5m,2kg.

Desde a sociedade de pescadores agoiraban que serían boas xornadas, polo estado que presentaba o río, e non se equivocaron. Aínda teñen tempo os afeccionados para levantar o quinto e último salmón da tempada.