SadaMaioría, BNG e Alternativa dos Veciños pechan un tripartito

Imaxe aérea de Sada

Sada volverá estar gobernado por un tripartito. Sadamaioría, BNG e Alternativa dos Veciños fixeron público onte que pecharon un acordo de goberno.

A suma de edís das tres formacións dará a maioría absoluta ao executivo municipal no salón de Plenos. Os dous edís de Alternativa dos Veciños ocupan no executivo o lugar que ocuparan os do PSOE no anterior mandato.

O PSOE abandonara o goberno a meses das eleccións municipais asegurando que o goberno adoecía de “falta de diálogo” por parte do rexedor, a quen acusou de “impoñer as súas propostas”.