Sada reabre a piscina de Cerámicas do Castro cun convenio

A piscina da Pía do Loureiro, na Cerámica do Castro. Imaxe do Concello de Sada

Sada abrirá mañá, por cuarto ano consecutivo, a piscina do complexo de Cerámicas do Castro. APía do Loureiro foi sometida estes últimos días a unha intensa posta a punto, que incluíu o remozado do vaso e o repintado da cara interior da piscina, cun deseño orixinal de Luís Seoane composto de polbos.

O Concello asinou un convenio de colaboración con Cerámicas do Castro-Grupo Sargadelos para a explotación municipal das instalacións da Pía do Loureiro, que abrirá de forma gratuíta ao público desde mañá ata o 15 de setembro en horario de 12.00 a 20.00 horas.

Operarios municipais amañaron o céspede e outras labores de mantemento. O Concello asume a xestión integral e achega o servizo de socorrismo, limpeza e mantemento das instalacións, que inclúen vestiarios e zona de solarium.