Sada acollerá un casting da produtora de Celda 211

Ábrese o casting da produtora galega Vaca TV, filial de Vaca Films (responsable de “La sombra de la ley”, “El desconocido”, “El Niño”, “Celda 211”) na procura de figurantes e pequenas partes para o seu novo proxecto de serie nacional.

A rodaxe terá lugar durante primaveira e verán do presente ano, en distintos puntos de Galicia. Búscanse figurantes de tódalas edades, sexos ou razas para rodar en A Coruña, Ferrol, Vigo, As Pontes, Carballo, Sada, entre outros. Concretamente, en Sada será o 17 de abril na Oficina de Xuventude.