Sada acolle un curso de verán sobre o Pazo de Meirás

Ocupación simbolica de Meirás

A Casa da Cultura Pintor Llorens acollerá o vindeiro mes de xullo un curso de verán sobre o pazo de Meirás. O grupo de investigación Hispona organiza este curso, que está patrocinado polo Concello e que dispón da axuda da Deputación.

A actividade está dirixida polo profesor Emilio Grandío e contará con relatorios, mesas redondas e visitas guiadas para profundar en distintos aspectos da historia deste inmoble, propiedade dos herdeiros do ditador e cuxa recuperación se demanda desde hai décadas. O goberno español segue sen moverse para interpoñer a demanda civil para a súa reversión ao patrimonio público.