Reabre completamente o hotel Sada Marina, coa cadea Alda Hotels

O Hotel de Sada

O Sada Marina reabrirá completamente as súas instalacións a vindeira Semana Santa. Da man de Alda Hotels, que xa abrira parcialmente o establecemento o pasado ano, o controvertido hotel construído nunha rotonda reabrirá coincidindo co décimo aniversario da apertura do primeiro establecemento da cadea.

Alda Hotels medrou sostidamente desde aquel primeiro hotel en Compostela e en só dez anos, conseguiron asentarse nun mercado competitivo para suplir unha carencia: a necesidade dunha cadea hostaleira con establecementos de custe asequible e unha localización inmellorable.

No hotel sadense a cadea supoñerá medio centenar de novos postos de traballo, 16.000 metros cadrados e a previsión de 20.000 clientes para este 2019.