O equipo de patinaxe de Sada acada dous cuartos postos no estatal

Os patinadores Kevin Owona, na proba de 200 metros contrarreloxo senior, e Anxo Prado, nos mil metros na categoría júnior, acadaron o cuarto posto no campionato estatal de patinaxe de pista celebrado a pasada fin de semana.

O clube Sada Patín suma a este recoñecemento que dous dos seus patinadores, Anxo Prada e Pedro Mantiñán están convocados para realizar as probas de control, esta fin de semana en Pamplona, para decidir se entran na lista de seleccionados de cara ao Campionato do Mundo e o de Europa.