Ferido tras ser arrolado por un coche en Sada

Ata o sinistro desprazouse unha dotación dos bombeiros de Betanzos

Un home duns 60 anos resultou ferido tras ser arrolado por un vehículo no centro de Sada. Os feitos, segundo o 112 de Galicia, aconteceron en torno ás 14.00 horas deste martes. Un particular alertou á central de emerxencias dun atropelo a un viandante nun paso de peóns sen semáforo na avenida República Arxentina, á altura do número 22, en Sada.

De inmediato, procedeuse a dar aviso ao 061, Policía Local, Bombeiros de Betanzos e Protección Civil do municipio. A vítima foi trasladada con feridas de prognóstico reservado a un hospital da Coruña tras queixarse de forte dor nos xeonllos.