A Terraza á fin é Ben de Interese Cultural

A Terraza de Sada 

O Consello de la Xunta aprobou este xoves o decreto polo que se declara ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento, a Terraza de Sada. O Executivo autonómico destaca que se trata dun ben singular de Galicia polos seus valores culturais e representa un caso único de conservación entre os inmobles modernistas desta tipoloxía e función, de lecer, na Comunidade autónoma.

A Xunta lembrou que o expediente foi incoado en abril de 2018 e, no proceso, contou cos informes favorables do Consello da Cultura Galega ( CCG) e da Real Academia Galega de Belas Artes. A partir da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), a terraza contará cun réxime que implicará a súa máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poña en perigo o monumento.

Este réxime, conforme indicou, tamén implica o acceso de visitantes un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día.

Con esta declaración, o Goberno galego dá un paso máis “na salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural da comunidade, traballando na protección daqueles elementos que acreditan valores culturais singulares”, asegura. E é que, conforme sinalou, a Terraza de Sada é un testemuño único e singular dos pavillóns, quioscos modernistas típicos dos anos 20. En concreto, empezouse a construír en 1912 no recheo do paseo de Méndez Núñez, na Coruña, sobre un deseño probablemente do arquitecto Antonio López Hernández. Foi trasladado á praia urbana de Sada entre os anos 1919 e 2020.