A Deputación remata as obras de renovación do firme da estrada DP 7504 en Carnoedo

A DP 7504 ao seu paso por Sada

A Deputación da Coruña vén de rematar as obras de renovación da capa de rodaxe da estrada provincial DP 7504 en Carnoedo (Sada), que supuxeron un investimento de 135.344 euros.

As obras consistiron na limpeza e reparación das zonas máis deterioradas do vial e a pavimentación con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor no tramo que vai do punto quilométrico 0+000 ao 4+800.

Levouse a cabo tamén a reposición da sinalización vertical e horizontal.