Sada tampouco ten médicos abondo en verán

Imaxe do Centro de saúde do Carregal

O centro de saúde de Sada tamén atravesa carencias de persoal. Un folio advirte que durante xullo, agosto e setembro “haberá menos persoal” e roga “paciencia” polas “demoras que poidan xurdir”. O

O aviso, colocado no centro de saúde, colmou a paciencia dos sadenses. O executivo lcoal advertiu por carta á Consellería de Sanidade de que non pode manter a situación neses termos e exixe melloras.

Reproba que o PAC rexistre “esperas preocupantes” dun “mínimo de 15 días” e que o pasado luns estivese sen servizo de pediatría. O goberno local súmase ás queixas de usuarios, reclama un segundo pediatra, reforzos e unha segunda ambulancia de urxencias.

A situación no centro de saúde sadense é paralela á que se rexistra en todos os centros de saúde da comarca. Aínda onte, o goberno de Miño e o BNG denunciaban que derivaban pacientes desde a localidade ata Bergondo, porque o centro de especialidades de Betanzos estaba “en precario”.

As queixas pola falta de cobertura de vacacións e permisos do persoal por parte do SERGAS teñen chegado ao Parlamento en numerosas ocasión da man do BNG sen que o goberno galego fixera nada por atallar a situación.