Sada acolle unha xuntanza para captar fondos europeos de Pesca

A Terraza de Sada

A Terraza de Sada

O Concello de Sada foi o lugar escollido por corenta entidades agrupadas en torno ao Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro para definir unha estratexia de desenvolvemento local, como paso previo a optar a subvencións do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Estas axudas europeas teñen como finalidade axudar aos marineros na transición á pesca sustentable, axudar a comunidades costeiras a diversificar as súas economías e financiar plans para crear emprego e mellorar a calidade de vida nas costas.

As entidades abordaron tres liñas de traballo: a reivindicación dos produtos pesqueiros en fresco e a loita contra a contaminación das augas; a diversificación económica e do turismo co Camiño Inglés como motor e aproveitando os ámbitos pesqueiros e patrimonial; e a preservación das rías e o ecoturismo. Na reunión participaron asociacións do sector, confrarías, clubes náuticos, os concellos de Sada e A Coruña, o Ceida, a Autoridade Portuaria e a Reserva da Biosfera, entre outros entes.