Presentouse a ruta da Moa e do Pan, promovida pola Reserva da Biosfera

Onte realizouse a presentación dunha nova experiencia promovida pola Reserva da biosfera das Mariñas e terras do Mandeo, trátase da Ruta da Moa e o Pan, no Concello de Betanzos. Ao acto acudiron o presidente da Reserva, José Antonio Santiso, e a alcaldesa do municipio betanceiro, María Barral, ambos acompañados por Diego López, técnico da Reserva, e o representante da empresa que desenvolve o produto, COMPáS.
A iniciativa pon en valor unha zona moi pouco coñecida de Betanzos: os muíños de Caraña e as panadarías tradicionais. Será de 5 quilómetros, transcurrindo polo río Pelamios, que alberga os 17 muíños. Será este un roteiro guiado, no que as persoas participantes coñecerán o emprego e o tipo de moas, as partes dun muíño e as clases de cereais que se empregaban.
Ao acabar este percorrido este percorrido xunto ao río, visitaranse as panadarías máis antigas do municipio brigantino, nas que se poderá observar un forno de pedra; Panadaría Moar, Panadaría Rabizas e Forno de Santa María. Agora poderase acceder a esta experiencia desde a propia empresa, pero posteriormente poderase encargar desde a Central de Reservas Turísticas que porá en marcha As Mariñas Coruñesas.