Plan para levar auga potábel ás fontes do Camiño Inglés

A Fonte de Diana, no Campo, nunha imaxe de arquivo

O Concello de Abegondo coordina, coa participación da Consellería de Sanidade, Augas de Galicia, a Deputación, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, o plan Life Water Way, que cofinancia a Unión Europa, para ofrecer auga en condicións de consumo sanitario en fontes do Camiño Inglés. O plan abarcará desde Ferrol ata Santiago ao longo de 18 municipios.