Oza abre un concurso para adquirir un baixo en dez días

Casa do Concello de Oza dos Ríos

O Concello de Oza-Cesuras pretende adquirir un local nun baixo no centro de Oza dos Ríos a fin de destinalo a local social de maiores. Poderá ser novo ou xa usado e poderá chegar o seu valor ata os 200.000 euros, impostos incluídos.

Segundo as bases do concurso convocado ao efecto, o Concello non admitirá gastos de comisións de ningún tipo a favor dunha inmobiliaria, un axente ou un intermediario. O prazo para a presentación de ofertas é de dez días.