O “urbanismo á carta” de Oza-Cesuras non se rexistra

Cacheiro, alcalde de Oza-Cesuras, xunto a Núñez Feijóo. Imaxe de La Opinión de A Coruña

Tras as críticas da oposición ao alcalde por propoñer, por carta, facerlle aos veciños un plan urbano a medida dos intereses particulares, o Concello de Oza-Cesuras resístese a rexistrar as súas peticións.

Son varias as persoas que denuncian a negativa da administración municipal a darlle cruño de entrada no rexistro municipal ás súas peticións, alentadas por carta polo goberno local do PP. Nunha misiva, o alcalde animaba a todos os veciños a cumplimentar un breve formulario coas referencias catastrais das súas parcelas e o tipo de cualificación que lles gustaría recibir, motivándoa brevemente.

PSOE e BNG criticaron ese “urbanismo á carta” que propuña González Cacheiro reprobando, precisamente, que a función dun plan xeral é, precisamente, deixar dun lado intereses particulares e planificar de forma racional e ordenada o territorio para garantir un crecemento sustentable.