Ferida nunha colisión cun camión en Oza

Ata o sinistro desprazouse unha dotación dos bombeiros de Betanzos

Unha persoa resultou ferida nun accidente entre un camión e unha furgoneta en Oza-Cesuras. Foi un particular o que contactou co 112 para informar do suceso e de que os ocupantes poderían estar atrapados.

A central de emerxencias trasladou ao lugar unha dotación dos Acudiron ao lugar os Bombeiros de Betanzos, do GES de Curtis e a da Garda Civil.

Debido ao impacto, un farol foi danado e tivo que ser reparado polo servizo de mantemento. A condutora da furgoneta, resultou ferida e foi trasladada ao hospital.