A Xunta constrúe un aparcamento no Sanatorio, que non rehabilita

O sanatorio foi proxectado por González Villar

A Xunta constrúe, por medio dunha axuda para a mellora da infraestrutura turística, un aparcamento ao pé do Sanatorio de Cesuras. Inviste na actuación uns 39 000 euros.

O goberno galego comprometérase, dentro dos anuncios e compromisos que avalaron hai máis dun lustro a fusión dos municipios de Oza e Cesuras a rehabilitar o inmoble proxectado por Rafael González Villar para convertilo nun xeriátrico público. O PP aparcou a promesa e apoia a construcción dunha residencia privada no extinto municipio de Oza.

No monte que rodea o sanatorio o goberno local do PP promoveu, tamén, unha tala adxudicada á empresa familiar dun edil conservador que rematou no xulgado.