Os alcaldes de Oza-Cesuras, Irixoa, Paderne e Vilarmaior concéntranse contra o peche dos xulgados de paz

Claustro do Hospital de San Antonio, actual pazo de xustiza

Os alcaldes de Oza-Cesuras, Irixoa, Paderne e Vilarmaior concentráronse onte en Betanzos para demandar o mantemento dos xulgados de paz e rexistros civís nos seus concellos.

A actual lexislación prevé a súa desaparición, polo que os rexedores concentráronse ante o Hospital de San Antonio, actual pazo de Xustiza, xunto cos traballadores de xulgados de paz e rexistros civís para demandar que se manteñan os servizos.