O PSOE pide unha consulta cidadá sobre o derrubo do Náutico

Imaxe aérea de Sada

O PSOE de Sada presentará hoxe unha moción a pleno para instar o Goberno local a realizar unha consulta cidadá sobre a derriba da cafetería O Náutico. A petición dos socialistas chega despois de que o Concello habilitase unha partida para proceder a demoler este edificio ilegal.

A formación pide ao Executivo que paralice os trámites ata coñecer a opinión dos veciños e lamenta o “drástico” cambio de postura do BNG, que en campaña avogaba por recuperar este edificio “100% municipal” e que accedeu a demolelo para chegar a un acordo de goberno con Sadamaioría.