O PSOE mantén a Santiso á fronte do Consorcio das Mariñas

María Barral e Santiso Miramontes, presidente e vicepresidenta do Consorcio. Imaxe do Concello

Cos votos dos rexedores do PSOE (Bergondo, Betanzos e Culleredo), o único alcalde do PP seguirá á fronte do Consorcio das Mariñas. Santiso sumou ademais o sufraxio do rexedor independente de Cambre. En fronte, Gelo fixo valer as dúas alcaldías e o seu voto decisivo no executivo sadense para recibir tres votos. Desta maneira, Barral convírtese na segunda, como vicepresidenta, de Santiso Miramontes no Consorcio das Mariñas.

Gelo xa anunciou que recorrerá nos xulgados o nomeamento, dado que pretende que sexan os funcionarios de Oleiros os que estean á fronte do Consorcio das Mariñas xa que está adscrito ao municipio, por ser o de maior poboación do que o integran. Asegura que este feito condiciona a propia xestión do Concello. Santiso exhibiu un informe do catedrático de Derecho Local, Carlos Amoedo, qpara rebatir esta afirmación.