O PSOE critica que o único investimento do Estado na comarca sexa amaños no cárcere de Teixeiro

Ponte do ferrocarril sobre a ría

A agrupación comarcal socialista de Mariñas Betanceiras criticou o contido dos orzamentos do Estado para a comarca. O coordinador comarcal e concelleiro, Diego Fernández, cre que o goberno Rajoy “deixa na estacada” á zona porque, as contas “mostran claramente o abandono e o desinterese absoluto por Galicia”. “O único proxecto que ten previsión de terminarse nas Mariñas Betanceiras son mellóralas e reformas do Centro Penitenciario de Teixeiro, en Curtis, que comezaron en 2015, sinala o PSOE nun comunicado de prensa.

O PSOE cuestiona que dos 500 000 euros que os orzamentos do PP dedican á mellora do ferrocarril,   a maior parte do investimento postérgase aos próximos anos. Os socialistas estiman tamén que as actuacións que Adif prevé que se fagan no paso inferior de Oza dos Ríos non finalizarán ata o 2019.

O PSOE anunciou que presentará emendas parciais para a mellora da seguridade viaria na N-VI e N-651 ao seu paso por Betanzos na zona das Angustias e no casco urbano. Outra é a reforma do antigo ambulatorio para dedicalo a centro de día ou a adecuación do edificio dos Sindicatos da Avenida da Coruña, actualmente tapiado por indicación, precisamente, do goberno do que Diego Fernández fai parte.