O goberno local de Miño anuncia que logrou nos seus seis primeiros meses de goberno  unha importante redución da débeda bancaria

Faraldo e o voceiro do PSOE na Deputación. Foto do PSOE

O goberno local de Miño anuncia que logrou nos seus seis primeiros meses de goberno  unha importante redución da débeda bancaria. O exercicio económico de 2019 pechouse con preto dun millón de euros reducidos da contía comprometida coas entidades financeiras, cuestión conseguida a través dunha xestión adecuada do orzamento e as arcas municipais, segundo anunciou o goberno local.

En total, foron 885.654,58 euros os amortizados, contía que unida aos 57.063,58 euros de intereses que se deixarán de pagar, suman unha cantidade total de 942.718,16 euros. Por tanto, a débeda total pasaría de 22,3 millóns de euros ao principio do exercicio a 21,4 millóns de euros ao peche do 2019.

. En palabras do alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, esta redución da débeda en case 1 millón de euros supón “un paso importante no alivio da presión financeira sobre Miño”. O rexedor destaca que a diminución das obrigacións financeiras “permitiranos optimizar os investimentos e prestación de servizos que son necesarios para o desenvolvemento do municipio e os seus habitantes”, destacaba o rexedor.