O GDR aproba subvencionar 11 proxectos nas Mariñas

José Antonio Santiso Miramontes é o presindente do GDR

O Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos impulsa, na súa condición de entidade xestora dos fondos Leader na comarca, aprobou 11 proxectos cun financiamento de 421.713 euros. A entidade informa que estas iniciativas xerarán doce empregos.

Un dos proxectos con maior investimento será a ampliación dunha carpintería de madeira. Financiaranse tamén, entre outros, a creación dun centro ecuestre, a creación dunha empresa de reciclaxe de baterías de vehículos, a adquisición dun equipo de limpeza ou a creación dunha lavandería autoservizo.