O Consorcio reabre os puntos limpos reforzando as medidas de seguridade e prevención

O Consorcio das Mariñas reabriu os seus puntos limpos. Para garantir o máximo nivel de seguridade das persoas usuarias do punto limpo, así como dos traballadores e traballadoras que prestan servizo nestas instalacións, o ente supramunicipal e a empresa concesionaria piden respectar unha serie de medidas de seguridade e prevención ante a covid-19.

Así, recomentan que o acceso ao momento limpo realizarase seguindo as recomendacións do persoal existente neste. O acceso ao punto limpo realizarase no vehículo, de forma graduada, de tal maneira que dentro da instalación haxa un único vehículo.

A espera para acceder á instalación realizarase no exterior do punto limpo e formarase unha única fila de acceso.
Durante a permanencia da persoa usuaria no punto limpo manterase a distancia social de seguridade de 2 metros co persoal do punto limpo.

Os residuos que se depositen no punto limpo terán que ser do tamaño suficiente para movelo unha soa persoa, xa que deben ser as propias persoas usuarias as que os depositen nos colectores correspondentes. Para garantir a protección do persoal do punto limpo, recoméndase que as persoas usuarias que accedan ao interior deste leven posto máscara e luvas.

É fundamental o compromiso e responsabilidade de todos os usuarios e as usuarias no interior da instalación para salvagardar a saúde e seguridade .