O Consorcio elixirá o 14 ao seu novo presidente entre o hermetismo dos rexedores

Gelo e Santiso Miramontes na canceira de Abegondo dependente do Consorcio

Os alcaldes e alcaldesas dos oito municipios do Consorcio das Mariñas reuniranse o día 14 para elixir aos responsables, presidente e vicepresidente, do organismo supramunicipal para esta lexislatura. Hai entre eles o pacto non escrito de que sexa un dos alcaldes do partido que máis varas de mando aglutine o que designe presidente, mais non sempre foi así, xa que Gelo García Seoane ten presidido o organismo malia o seu partido só dirixir Oleiros.

Así que a continuidade de Santiso Miramontes estaría no aire. Sonaron as alcaldesas de Betanzos e Bergondo, pero todos calan. Semella que a veciñanza enterarase cando os oito rexedores saian da xuntanda que terá lugar o día 14 ás 13 horas. A falta de transparencia do Consorcio é unha das críticas recorrentes desde a oposición aos alcaldes, que rara vez dan conta do que acordan nese organismo.