O Consorcio das Mariñas pecha os puntos limpos e as oficinas de atención

O Consorcio As Mariñas pecha os puntos limpos e suspende o servizo de punto limpo móbil debido ao estado de alarma polo coronavirus. O ente comarcal mantén tamén pechadas as oficinas de atención ao público, desde onte e ata novo aviso, e habilita o teléfono 981 78 47 04 para “consultas indispensables”.

A entidade supramunicipal fai un chamamento para que se cumpra o horario habitual de depósito do lixo, a partir das 22.00 horas, e “se extremen as condutas cívicas”. Cita entre as medidas que reclama cumprir “tirar o lixo dentro dos contedores, absterse de baixar mobles sen aviso previo/previo aviso e non saturar os contedores con residuos non aptos como podas, etc”.

Para atención ao público, habilita varias direccións de e-mail. As consultas sobre a taxa de lixos deben dirixirse a registro@consorcioam.org; as de medio ambiente, a medioambiente@consorcioam.org; as relacionadas co Plan Coordinador de Servizos Sociais, a gabinetepc@consorcioam.org ou ben asesoriapc@consorcioam.org e para outras causas de administración xeral, info@consorcioam.org. A presentación de solicitudes ou documentación debe realizarse no web www.consorcioam.org.