O Consorcio asesorará ante casos de desafiuzamento

consorcioO Consorcio das Mariñas avanzou onte nunha xuntanza de concellerías de servizos sociais na súa intención de ofrecer asesoramento diante dos casos de desafiuzamentos que se poidan dar. O servizo de mediación estará integrado no servizo de asesoría xurídica social especializada que xa existe no Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio e traballará en colaboración co persoal dos servizos sociais de cada municipio do ente.

O Concello de Betanzos ven de crear recentemente unha comisión para atender estes casos. A proposta foi aprobada polo pleno en novembro de 2012 a iniciativa do grupo nacionalista.