O Consorcio As Mariñas permitirá intercambiar nos puntos limpos obxectos que xa non se queiran

Punto limpo móbil do Consorcio das Mariñas.

O Consorcio As Mariñas permitirá intercambiar nos puntos limpos obxectos que xa non se queiran. Para isto, instalará casetas en 5 puntos limpos de concellos adheridos (Concello de Bergondo, Concello de Betanzos, Concello de Culleredo, Concello de Oleiros, e Concello de Sada) para deixar e retirar mobles pequenos, ferramentas e utensilios, que os usuarios poderán consultar nun catálogo a través dunha aplicación.

Este proxecto pioneiro supoñerá reducir residuos nos puntos limpos, ás veces difíciles de tratar, reciclar e reutilizar e por tanto reducir lixo, ademais de supoñer un apoio en caso de persoas que necesiten algún moble, ou electrodoméstico, e non teñan recursos.

Calendario do punto limpo móbil

Por outra banda, no web e redes sociais do ente supramunicipal pode consultarse o calendario de paradas do punto limpo móbil. En Betanzos, como sempre, as paradas serán na praza do Campo, onde xa hai un punto de recollida de residuos como bombillas, cds, ou baterías fronte ao Edificio Arquivo.