O conflito laboral na escola infantil de Miño chegará ao pleno

Escola Infantil A Ceboliña, en Miño

O PSOE presentou unha moción que se debaterá na sesión de mañá martes para instar ao Concello a abrir un expediente sancionador á concesionaria por incumprimento do contrato e iniciar pola vía de urxencia a licitación do servizo. A Confederación Intersindical Galega convocou unha nova concentración de protesta coincidindo co pleno.

O sindicato acusa ao Concello de ignorar as súas reclamacións, manter este contrato en precario durante meses e permitir á concesionaria incumprir o contrato. A xestión da escola infantil A Ceboliña foi adxudicado en setembro de 2016 por un período máximo de dous anos e leva desde entón en precario. O PSOE denuncia que o Concello abona as facturas mensuais con reparos de Intervención sen adoptar medidas para regularizar a situación e a CIG interpuxo denuncias en Inspección de Traballo.

O BNG apoia tamén as demandas das traballadoras e apoiou as concentracións convocadas pola CIG para intentar solucionar esta situación.