O concello de Bergondo adica a escritores vinculados ao concello o seu almanaque para 2018

Portada do calendario Bergondo literario 2018

O Concello adica o almanaque a escritores vencellados ao municipio. Os almanaques xa se enviaron a todos os domicilios.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer “personaxes que, nalgún caso, poden ser descoñecidas para moitos e, ao tempo, presumir de bergondeses”, asegura o Concello. A encargada de estrear o calendario como protagonista do mes de xaneiro é Dores Tembrás. No almanaque aparecen tamén Filomena Dato, Miguelanxo Prado, Xabier López, María Miramontes ou Xoan Vicente Viqueira.

En 2017 o calendario municipal adicárase á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.