O BNG recolle firmas contra a supresión do bus entre Vila de Cruces e A Coruña

Un autobús circulando

O Bloque iniciou unha recollida de firmas para reclamar que se manteña a liña de autobús entre Vila de Cruces e A Coruña, que atravesa os municipios de Mesía, Arzúa, Boimorto, Abegondo, Carral, Cambre e Culleredo. Os nacionalistas, que presentarán estas firmas ante a Consellería de Infraestruturas, afirman que a supresión desta liña deixaría moitas parroquias sen servizo de transporte ou con menos frecuencias e máis dificultade para viaxar á Coruña.

Pódese asinar ademais de en papel neste enlace