O BNG pide amaños no aparcamento do Centro de Saúde Guísamo

Imaxe do estado do aparcamento do centro de saúde

O BNG presentou no Pleno unha iniciativa demandando o amaño do aparcamento situado enfronte do Centro de saúde de Guísamo. “O aparcamento situado fronte ao Centro de Saúde de Guísamo, que é utilizado a cotío polos vehículos que traen a usuarios e usuarias con problemas de mobilidade, en cadeiras de rodas ou muletas, presenta un estado do seu firme irregular en moitos puntos, o que fai que sexa perigoso”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.

“Hai moitos anos que se urbanizou esta zona sen que se volvese a facer ningunha obra de mantemento, o que provocou que o firme teña irregularidades en diversos puntos, onde calquera pode resbalar e caer, máxime as persoas con problemas de mobilidade, por iso, esiximos o seu arranxo”, engadiu Carro.