O BNG, ecoloxistas, veciños e o Concello de Sada alegan contra a senda do río Maior

Edís do BNG en Sada e Bergondo no treito final do río Maior, presentando as alegacións

O BNG presentou alegacións ao proxecto de senda e saneamento a carón do río Maior en Lubre. As alegacións do grupo nacionalista céntranse no trazado do saneamento. “O mencionado proxecto inclue os colectores de saneamento precisos para dar o servizo a parroquia de Lubre. A alternativa escollida, metendo o saneamento a carón do río, constanos que non é a mellor alternativa en termos medioambientais xa que en outros lugares que teñen optado por este sistema teñense producido verquidos directos ao río en épocas de fortes choivas xa que o sistema non o soporta” explicou o portavoz do BNG de Bergondo quen advertiu que “de producirse estes vertidos, as augas baixarían polo río Maior no seu transcurso hacia o núcleo urbano de Sada e por conseguinte irían a parar a Ría, coas consecuencias que iso pode traer”.

Os nacionalistas insisten en que o saneamento en Lubre é fundamental pero é necesario estudar un trazado alternativo que non suscite queixas da veciñanza e que garanta un funcionamento adecuado.

Coordinación co concello de Sada

Os nacionalistas inciden tamén na necesidade de colaborar entre os concellos de Sada e Bergondo, os dous que percorre o río Maior, para artellar solucións conxuntas á contaminación do Río Maior que desemboca na praia de Sada, que leva sufrido este verán varios episodios de contaminación este verán. Os concelleiros e concelleiras do BNG de Bergondo e Sada reuníronse para coordinar alternativas conxuntas a este proxecto.

Neste sentido, tamén o BNG sadense alegou a este proxecto. As edilas do BNG na localidade, ademais, impulsaron desde a xunta de goberno local que o propio Concello de Sada presentase alegacións. Para o consistorio da vila mariñá, o proxecto debería ter un carácter supramunicipal, dado que o río Maior atravesa os dous municipios e “afectará de modo significativo” ao humidal das Brañas e a praia urbana.

O Concello de Sada advirte nas súas alegacións que o plan “non ten en conta” o estado actual da estación de bombeo de Cambade e os sete colectores sen uso e que tampouco fai referencia a como se resolverá a conexión coa depuradora de Gandarío e se esta ten capacidade suficiente. Ademais, sostén que o documento do bipartito bergondés de PSOE e Alternativa dos Veciños- que fai parte do goberno tamén en Sada- “tampouco ten en consideración” a declaración de zona inundable de As Brañas e apela ás “consecuencias nefastas” que pode ter en As Brañas e o bordo litoral “a insuficiencia da nova rede prevista”.

Alegacións de veciños e da plataforma en defensa da ría

A Plataforma en Defensa da Ría de Betanzos e Sada e unha trintena de veciños de Lubre tamén presentaron escritos de alegacións. Afirman albergar dúbidas polos “”riscos ambientais” do proxecto e o seu impacto en “muíños de alto valor etnográfico, edificacións e leiras cuxas traseiras quedarán abertas”. Reproban que o plan destine 12 000 euros para a reposición de muros, pero que non contempla realizar o peche de leiras que non o teñan.

As alegacións da Plataforma en Defensa da Ría advirten tamén do risco de verteduras por desbordamentos e critican a instalación do saneamento a beiras do río.

O bipartito bergondés, no entanto, sostén que o proxecto superou o trámite de avaliación ambiental estratéxica sen recibir naquel momento estas alegacións.