Mulleres da Uned Senior, asociacións e Consello de Anciáns denuncian violencia da Administración

O lazo morado simboliza a loita contra a violencia de xénero

O colectivo pide á Xunta que modifique as regras para a concesión de axudas. As asociacións de Mulleres do Campo afirma que o concepto de violencia vai máis aló dos malos tratos físicos e psicolóxicos e inclúe a falta de oportunidades e a exclusión social. “o concepto de violencia é máis amplo que o da violencia física ou psicolóxica e inclúe a falta de oportunidades e o desamparo por parte da Administración. Inclúe tamén o nivel de renda, a situación laboral, os problemas sociosanitarios, o lugar de residencia e en especial o abandono e as “non axudas” por parte das administracións”, asegura as de Mulleres da nosas zonas rurais.Estes colectivos engaden que esta situación de desamparo faise máis patente nas zonas rurales.

Aproveitando a celebración do Día Internacional da Erradicación da Violencia de Xénero, as asociacións denuncian tamén que moitos traballos que realizan as mulleres “non son recoñecidos pola sociedade e en especial pola Administración”. O colectivo destaca que, a través dun comunicado de prensa, que esta situación “sufrímola de xeito particular as mulleres das zonas rurales”. O colectivo pide á Xunta que considere os factores que dan lugar á exclusión social para a concesión de axudas. As asociacións realizaron algunha crítica concreta para ilustrar “a falta de colaboración por parte da Administración. Denuncia que este ano se lles puxeron trabas para realizar cursos de formación. Citan como exemplo a “disminución das cantidades aportadas pola Xunta para os cursos de formación.

Coa intención de que a situación varíe nun futuro, o colectivo de mulleres rurales fai unha recomendación ás administracións con competencia en políticas de axuda social. “Que teñan en conta os factores que dan lugar á exclusión social da muller rural e non se centren só en cubrir a todas as asociacións por igual, creando deste xeito máis desigualdade”.

É por iso que o colectivo demanda a creación dunha regulación máis xusta “porque podemos permitir que as normas inxustas sigan causando discriminación e afrontar as consecuencias ou cambiar as regras”. O Colectivo de Mulleres do Campo anuncian que non só están decididas a defender con argumentos a “necesidade de cambio senón tamén a traballar para que se faga realidade”. O colectivo conclúe animando a todas as mulleres que vivan no ámbito rural que loiten por conseguilo “porque sabemos que só deste xeito será posible que chegue o verdadeiro cambio”.